luns, 4 mar 2024
O alcalde deu conta dos datos de ocupación hoteleira do mes de febreiro, que cifrou nun 47%. O Auditorio Municipal acolleu pola mañá unha xuntanza con asociacións sen ánimo de lucro e ONGs para coñecer as bases da convocatoria municipal para a contratación de persoal.
venres, 1 mar 2024
A terceIra tenente de alcalde, Elena Espinosa, acudiu esta mañá á presentación da nova edición do evento, celebrado na sede da Cámara de Comercio de Vigo. Acompañada de numerosas autoridades, entre elas a concelleira de Turismo, María Lago, quixo resaltar "o compromiso do Concello de Vigo con esta cita" e aproveitou para convidar a toda a cidade.
venres, 26 xan 2024
O alcalde afirma que “Vigo ocupa un lugar tan importante en FITUR” ao constatar a atención á presentación da proposta turística para o ano 2024 por parte de profesionais, axencias e visitantes.
xoves, 25 xan 2024
A cidade presentou a súa oferta turística para 2024 co fío do éxito do Nadal. Abel Caballero e os xornalistas Paula Montes e Rodolfo Irago guiaron o acto que tivo lugar no stand de TurEspaña.
mércores, 24 xan 2024
A cidade exporá a súa proposta turística para o ano 2024 no stand de TurEspaña o xoves ás 11:30 horas. Os datos turísticos do INE rexistran o ano 2023 como o mellor da serie histórica. “Conseguimos un turismo desestacionalizado dirixido polo Nadal”, afirmou o alcalde.
martes, 16 xan 2024
O alcalde avanzou que a cidade estará presente na stand que Turespaña ten na Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid entre o 24 e o 28 de xaneiro.
mércores, 10 xan 2024
O alcalde anunciou que, como vén sendo habitual, haberá un acto simbólico a partir das 19:15 horas do domingo 14 de xaneiro, onde Vigo despedirá o Nadal na árbore da Porta do Sol. Caballero tamén informou que a cidade acolleu 102 eventos relacionados co turismo MICE.
luns, 8 xan 2024
A media de ocupación hoteleira do mes de decembro acadou o 77,91 por cento, “o mellor dato desde que hai rexistros do INE” e o Belén Monumental da Casa das Artes foi visitado xa por 115.000 persoas.
martes, 2 xan 2024
O Goberno da cidade aprobou en Xunta de Goberno a contratación do servizo de mantemento e servizos auxiliares de VigoZoo para 2024 e 2025 por 244.886 euros. O rexedor congratulouse polo “practicamente cheo” dos hoteis durante o aninovo.
venres, 22 dec 2023
Abel Caballero valorou os datos de visitantes e pernoctacións do mes de novembro publicados polo INE e que sitúa o ano 2023 en Vigo, a falta dos datos do mes de decembro, como o mellor ano turístico desde que hai rexistros. O alcalde deu conta do crecemento nun 8% dos visitantes respecto ao mes de novembro do ano anterior. Deste xeito, Vigo segue a rexistrar o seu mellor datos de viaxeiros totais, nacionais e internacionais da serie histórica, non só no mes de novembro se non tamén no acumulado do ano. Para o rexedor "o Nadal significa a afluencia de tanta xente, coa creación de miles e miles de empregos e centos e centros de millóns de euros".