mércores, 11 dec 2024
Abel Caballero participou este mércores na inauguración dos primeiros 500 metros da nova Avenida de Samil humanizada, con reorganización de espazos para peóns e vehículos. “Mellor Samil e máis Samil”, declarou. O Concello investiu 1.800.000 euros na remodelación da primeira fase da Avenida de Samil. A obra vén acompañada da rexeneración dunar na praia que está a acometer o Goberno de España na parte litoral.
luns, 9 dec 2024
O alcalde informou que a ocupación hoteleira foi de máis do 90%. “Somos un referente turístico no Nadal”, declarou. O goberno aprobou en Xunta de Goberno a instalación de 15 mupis dixitais en distintos puntos da cidade para ofrecer información. municipal.
venres, 29 nov 2024
O alcalde referiuse este venres á clasificación realizada polo portal de reservas Ebooking que sitúa a Vigo como o destino favorito de España durante o Nadal.
venres, 15 nov 2024
Este sábado ás 20 horas da tarde, a Porta do Sol, convertida nun “gran bosque de Nadal”, será o escenario do acendido da iluminación da cidade que poderá seguirse en directo a través da web municipal. O alcalde celebra que o Nadal estea presente en soportes publicitarios de Nova York, París, Roma ou Londres: "Vigo xa ocupa un lugar excepcional no mundo".
venres, 8 nov 2024
Abel Caballero anunciou que comeza o proxecto para a humanización da rúa do Pazo, a naturalización de espazos no casco histórico e plantación de árbores na zona litoral, a recollida de residuos porta a porta para a hostalería e o lanzamento dunha web para por en valor o patrimonio e a festa da Brincadeira.
martes, 5 nov 2024
O alcalde achegouse á entrega de premios da X edición do Petisquiño, onde o establecemento La Marciana se alzou co primeiro galardón. Abel Caballero louvou a calidade das tapas nos establecementos de hostalería de Vigo e a acción dos que se dedican á cociña: "Sodes uns dos embaixadores do turismo polo servizo marabilloso que recibimos os vigueses e viguesas e o que reciben os turistas. A nosa hostalería é un dos motores da cidade". A entrega de premios reuniu a ducias de persoas do sector no Hotel Attica 21 de Samil.
venres, 25 out 2024
As visitas con guías turísticos caracterizados comezarán o domingo 27 de outubro. Xa está aberto o prazo para as rutas da última semana de outubro. O programa de visitas guiadas se desenvolverá ao longo de 21 días, con tres quendas en cada xornada. As reservas realízanse no teléfono 010.
luns, 14 out 2024
Abel Caballero referiuse tamén este luns aos datos de ocupación do aeroporto de Vigo, que durante o mes de setembro acadou o 84,46%.
venres, 4 out 2024
A Xunta de Goberno acordou hoxe contratar as visitas guiadas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró durante o Samaín, segundo anunciou o alcalde.
luns, 23 set 2024
O alcalde puxo de manifesto que este ano “Vigo é tratada como se merece”, co dobre de voos con respecto ao ano anterior. Caballero lembrou que o ano pasado escribiu unha carta ao director do Imserso para reclamar máis voos con saída desde a terminal viguesa para beneficiar aos maiores de Vigo e a área metropolitana.