O alcalde apunta que "o novo túnel de acceso directo a Vialia desde a autoestrada aliviará o tráfico e evitará problemas"

venres, 4 out 2024

O novo túnel de acceso desde a autoestrada AP9 ao edificio de Vialia, que facilita o acceso ao aparcamento da estación “sen ter que entrar no corazón da cidade” e eludindo a entrada a Vigo, “vai aliviar o tráfico e evitaranos problemas”, explicou este venres Abel Caballero. O alcalde acudiu ao simulacro de seguridade do túnel coordinado polo 112, Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local e Bombeiros. As previsións indican a apertura da nova conexión en novembro.

Os reforzos do transporte urbano nocturno e ás praias sumaron 84.000 usuarios desde mediados de xuño

mércores, 17 xul 2024

O servizo de transporte urbano intensifica, desde mediados de xuño ata finais de agosto, os servizos en horario nocturno e as liñas para o desprazamento ás praias de Vigo “para ser unha alternativa real ao vehículo privado”, segundo recalcou este mércores Abel Caballero. Os reforzos sumaron, desde o 14 de xuño, máis de 84.000 usuarios.

Axentes da Policía Local fórmanse na atención aos maiores e ás persoas con algún tipo de demencia

mércores, 5 xuñ 2024

Axentes da Policía Local participaron hoxe nunha nova iniciativa de formación, centrada en mellorar os coñecementos para atender ás persoas maiores e ás afectadas con distintos tipos de demencias. Así o apuntou este mércores o alcalde ao indicar que unha psicóloga da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, AFAGA, dirixiu a sesión.

O rexedor felicita aos dous axentes que salvaron a vida a un cidadán

venres, 5 abr 2024

Caballero recibiu este venres a Antonio Malga e José Rubén Gil, os policías locais que atenderon na rúa a un mozo de 35 anos que sufriu unha parada cardiorrespiratoria. Os axentes trasladáronlle os detalles da actuación sanitaria que realizaron, na que usaron un desfibrilador e coa que conseguiron salvar a vida deste vigués que se atopaba facendo deporte na rúa. O rexedor felicitounos e agradeceulles, no nome da cidade, o traballo desenvolvido.