xoves, 7 nov 2024
A Corporación de Vigo gardou este xoves un minuto de silencio en memoria das vítimas que provocou a DANA en Valencia e no conxunto do Estado, antes do inicio do Pleno Extraordinario celebrado sobre o o tren de alta velocidade Vigo-Porto Saída Sur e Vigo-Madrid directo por Cerdedo.
xoves, 7 nov 2024
O Pleno de Vigo aprobou hoxe, cos votos a favor do grupo socialista, a abstención dos edís do BNG, e co abandono dos concelleiros do PP, a moción defendida por Abel Caballero para urxir aos gobernos de España e de Portugal a acelerar “ao máximo” as obras de conexión en alta velocidade entre Porto e Vigo co obxectivo “irrenunciable” de finalizalas en 2030. A moción tamén recoñece o compromiso do Goberno de España para seguir co proxecto da conexión directa de Vigo a Madrid por Cerdedo, que foi paralizado no mandato de Mariano Rajoy.
martes, 5 nov 2024
Abel Caballero avanzou o contido do Pleno Extraordinario sobre a alta velocidade en Vigo que a Corporación Municipal celebra este xoves 7 de novembro.
luns, 28 out 2024
A pedimento do alcalde, o Pleno da Corporación municipal de Vigo gardou hoxe un minuto de silencio en homenaxe á recentemente falecida Marta Souto, funcionaria do Concello de Vigo no departamento normalización lingüística. Abel Caballero, ademais de asegurar que Souto era unha "gran persoa", destacou o "magnífico traballo" desenvolvido tanto no Concello como na Xunta durante a súa etapa como secretaria xeral para o Deporte.
luns, 28 out 2024
Abel Caballero expresou a súa firme vontade de esixir ao Goberno de España e o Goberno de Portugal axilizar os prazos para que a infraestrutura estea rematada no 2030, e non no 2032 como acordaron os gobernos de ambos os países no Cumio Hispano – Luso celebrado en Faro. O rexedor lembrou que estivo presente nos cumios de Guarda e Viana do Castelo onde se acordou a posta en funcionamento do AVE Vigo – Porto para o ano 2030 “e así ten que seguir estando vixente nese prazo”. O Pleno Extraordinario celebrarase o 7 de novembro.
luns, 28 out 2024
A moción do grupo municipal socialista demanda ao goberno autonómico o mesmo investimento que noutras cidades de Galicia. O Pleno tamén insta á Xunta a investir 10 millóns máis para as infraestruturas viarias e a declarar a gratuidade da autoestrada entre Vigo e Baiona.
luns, 28 out 2024
Os votos do PSOE e do BNG deron luz verde a unha moción socialista que insta á Xunta a planificar os recursos humanos no PAC para evitar situacións de desatención sanitaria. O PP votou en contra dun texto que destaca que as urxencias extra hospitalarias contan en moitas ocasións cun 25% do persoal.
luns, 30 set 2024
A moción do Grupo Socialista insta á inmediata devolución da parcela, actualmente en desuso, da antiga estación de autobuses. "Está concluída a finalidade que motivou a cesión da mesma polo Concello á Xunta", expón o concelleira de Urbanismo, María José Caride.
luns, 30 set 2024
O Pleno da Corporación municipal de Vigo aprobou hoxe por unanimidade a moción presentada polo grupo socialista esixindo á Xunta que todos os centros educativos da cidade conten con orientadoras e orientadores e cos especialistas necesarios para garantir unha atención educativa adecuada aos nenos.
luns, 30 set 2024
Os orzamentos municipais de 2025 elaborados polo goberno municipal van ter investimentos “como nunca tivo Vigo para atender a todas as necesidades e para transformar a todas as parroquias e rúas da cidade”. Así o explicou este luns o concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, ao explicar ao Pleno da Corporación as liñas xerais das novas contas e responsabilizar ao PP da mingua da capacidade de gasto da cidade en 16 millóns de euros.