luns, 12 xan 2015
Abel Caballero informou hoxe luns de que o goberno que preside ultima a apertura dunha oficina municipal descentralizada na rúa Teixugueiras, á altura do número 25, que permitirá facer trámites municipais e acollerá unha sala de lectura. A finais de marzo ou principios de abril poderá estar en funcionamento, segundo estimou o rexedor.
venres, 31 out 2014
O alcalde de Vigo rubricou este venres un acordo de cooperación coa Asociación Española contra o Cancro en Vigo, 7.000 euros de achega achega municipal para "apoialos no seu programa de atención a doentes e familiares" para a súa mellora da calidade de vida. "Estamos e seguiremos no apoio á Asociación polo extraordinario traballo que realizan".
venres, 31 out 2014
O rexedor vigués, Abel Caballero, rubricou este venres un convenio de colaboración coa Confederación Intersindical Galega (CIG) para colaborar cun total de 15.000 euros no financiamento dos gastos derivados das súas actividades e fomentar a acción sindical.
venres, 10 out 2014
O alcalde de Vigo rubricou cos representantes da Asociación de Veciños Praza da Miñoca un convenio de colaboración segundo o cal o Concello achega fondos para os gastos de mantemento do seu local, en Eugenio Kraff, e a realización de actividades, ata a conclusión do centro cívico da Miñoca, actualmente en obras.
mércores, 20 ago 2014
O goberno local coopera coa Asociación de nenos con hiperactividade e déficit de atención (Anhida) co obxectivo de colaborar coa financiació n dos gastos de aluguer do local. Así quedou plasmado nun convenio de 4.000 euros que asinaron esta mañá o rexedor e os responsables da entidade.
martes, 19 ago 2014
O alcalde de Vigo deulle a benvida aos novos reponsables da Asociación de Veciños de San Miguel de Oia ao tempo que lles ratificou a vontade do Concello de seguir a cooperar coa parroquia. Durante un encontro que mantiveron esta mañá o rexedor comprometeuse a estudar os proxectos que lle trasladaron e que se irán concretando con posteriores reunións cos concelleiros de cada área.
luns, 18 ago 2014
Abel Caballero asinou este luns un convenio de colaboración por valor de 6.000 euros coa Asociación de Xordos de Vigo, unha aportación que se suma a outra de 20.000 euros outorgada polo Concello hai semanas para "facilitar a vida diaria de tantas persoas deste colectivo que precisan de intérprete de lingua de signos".
xoves, 14 ago 2014
O alcalde, Abel Caballero, asinou este xoves o convenio de colaboración coa entidade veciñal, 9.000 euros de aportación municipal para financiar as súas actividades e cooperar na xestión do viveiro de asociacións para o fomento das súas accións, do asociacionismo e da participación cidadá.
mércores, 13 ago 2014
Abel Caballero asinou un convenio de colaboración coa responsable da Fundación Igualarte por importe de 15.000 euros para financiar o aluguer do seu local social, en Casiano Martínez. Esta asociación traballa con persoas con discapacidade e necesidades educativas especiales.
martes, 12 ago 2014
Abel Caballero asinou este martes un convenio cos responsables da Asociación Curva de San Gregorio polo que a administración local achega case 3.000 euros para os cursos de iniciación á informática para maiores que organiza a entidade. O Concello colabora coa Asociación con outros 2.200 euros para obras e equipamentos.