luns, 14 ago 2017
O arranxo do instrumento, orixinario de 1909, contempla a incorporación de ata 1200 tubos converténdoo "nun dos máis notables de España". O goberno municipal investirá 139.000 euros nos traballos de restauración.
luns, 31 xul 2017
O alcalde recibiu este luns aos responsables de Anedia, entidade que quere abrir unha delegación en Vigo e que recibiu o apoio do Concello de Vigo. "Queremos estar do seu lado e do das súas familias", explicou Caballero, quen valorou como "moi interesante" a presenza na cidade nunha asociación destas características. <br />
martes, 11 xul 2017
O alcalde recordou a "man tendida" do goberno vigués ás tres principais centrais sindicais -UXT, CCOO e CIG- pois o seu traballo "en defensa dos traballadores" é "fundamental na democracia". Caballero saudou ademais que a UXT elixira a súa nova dirección na comarca e teña normalizada a súa situación.
mércores, 28 xuñ 2017
O alcalde, Abel Caballero, visitou este mércores no edificio municipal de Areal un dos cursos de iniciación á informática que ofrece a administración local. O Concello forma actualmente a 52 persoas, na súa maior parte xente maior, en materias como informática e Internet básico, redes sociais ou correo electrónico, entre outras.
mércores, 19 out 2016
O rexedor asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas centrado nas actividades de formación e inserción laboral da mocidade de entre 18 e 25 anos, que imparten nas súas escolas-obradoiro, que están especializadas na construción naval. Ademais, Caballero valorou a oferta presentada por unha empresa para a construción da estación de Thom Mayne.
xoves, 8 set 2016
As clases impartiranse no edificio municipal de Areal de setembro a decembro, cun total de 140 prazas dispoñibles e o prazo de inscripción xa aberto. A oferta do Concello procura mellorar as aptitudes dos vigueses e viguesas coas ferramentas dixitais, Internet, correo electrónico, smartphones e redes sociais. Toda a información dos cursos e as inscricións, a través do teléfono gratuito 010<br />
venres, 29 xul 2016
Abel Caballero explicou que a Asociación de Nenos con Hiperactividade e Déficit de Atención atende a un "número significativo" de rapaces polo que precisa dun local propio onde desenvolver a súa función. O alcalde reiterou a súa proposta de converter os actuais xulgados nun espazo cultural e cívico onde emprazar a entidades deste tipo.
xoves, 21 xul 2016
O alcalde asinou na mañá deste xoves un convenio de 15.000 euros coa Federación de Peñas Recreativas El Olivo, como parte do apoio municipal que reciben. O obxectivo, dixo Abel Caballero, é colaborar coas actividades dunha entidade que "xoga un moi importante papel na cidade"
xoves, 14 xul 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este xoves un convenio de colaboración coa Asociación Amas de Casa e Consumo Agarimo de Vigo, para apoialos, segundo explicou, no aluguer do seu local. O primeiro edil subliñou que desde o Concello "coopreamos activamente" coa entidade.
luns, 19 out 2015
O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que o Concello conmemorará o ano que vén os oito séculos da Igrexa de Castrelos. Así o anunciou logo de asinar un convenio de colaboración con Instituto de Estudios Vigueses co que se vai seguir cooperando nas tarefas de investigación e divulgación histórica