xoves, 29 set 2022
O Concello inaugura esta tarde a exposición da Folga Xeral do 1972 que estará no centro da cidade "para amosar un acontecemento histórico en Vigo", manifestou o rexedor en rolda de prensa. Imaxes de recortes de prensa de Vigo e outros tantos lugares encherán os paneis da representación gráfica. Abel Caballero expuxo que o obxectivo e render homenaxe ás persoas que participaron na folga "porque foi una gran mobilización sindical, social e política contra a ditadura". O alcalde deu a coñecer que estivo presente nas folgas de Santiago, cando era estudante de 5º de carreira e delegado do curso, e lembrou que foi detido, xulgado por un tribunal político por actividade política e que estivo dous anos no exilio.
mércores, 21 set 2022
Abel Caballero e a organización presentaron o Festival UnderCabral que se celebra o sábado 24 de setembro na Asociación Vecinal, Cultural e Deportiva de Cabral con actividades para todos os públicos.
xoves, 25 ago 2022
Esta mañá realizouse no Concello a presentación do libro "Bouzas Villa Marinera". Estiveron presentes ademais do alcalde Vigo, Abel Caballero; o autor, José Carlos Espinosa e o presidente da Asociación de Veciños de Bouzas, José Manuel Vidal Sangabriel.
xoves, 25 ago 2022
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves unha nova convocatoria de axudas para o fomento da participación cidadá en actos sociais e encontros veciñais por un importe de 115.000 euros.
mércores, 24 ago 2022
A Xunta de Goberno Local dará luz verde este xoves á licitación da obra de “Musealización das galerías e posta en valor da fortaleza do Castro” que ten un importe de 1.400.000 euros.
venres, 10 xuñ 2022
A Xunta de Goberno local deu luz verde un convenio de colaboración con Vida Digna por valor de 180.000 euros para catro anos. O Concello adica anualmente case 340.000 euros a apoiar a labor dos comedores sociais de Vigo.
venres, 6 mai 2022
A convocatoria do Concello quere apoiar as actividades organizadas polas entidades veciñais e contribuír aos gastos de mantemento e investimento que realicen. Este ano, como novidade, poderán imputar os gastos do IBI aquelas que teñan locais propios ou alugados que llo repercutan.
luns, 2 mai 2022
Abel Caballero mantivo unha xuntanza con representantes da Confraría de Bouzas, que organiza as festas do barrio vigués. O Concello incrementará dos 18.000 aos 50.000 euros a achega para a celebración das festas do Cristo dos Aflixidos. Deste xeito, as festas súmanse á programación de festividades de Vigo para que goce toda a cidadanía.
martes, 22 mar 2022
O goberno local segue na procura de seguir avanzando no voluntariado polo que volve convocar cursos de formación que se ofertarán en marzo e abril no centro municipal de distrito de Bouzas. Son seis os obradoiros e o prazo de inscrición permanece aberto no 010.
luns, 21 mar 2022
O alcalde participou na presentación da segunda edición dun programa que ten por obxectivo poñer en valor a vellez dun xeito activo e loitar contra a soidade. Organizadas pola Asociación de veciños do Calvario, ofrecerán charlas ou cursos para fomentar información sobre a prevención de enfermidades.