As empresas do sector pesqueiro de Galicia recibirán 18 millóns de euros do PERTE Mar-Industria

xoves, 10 xul 2025

Abel Caballero recibiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, que ten varios actos ao longo da xornada en Vigo. Tras a reunión, os dirixentes compareceron para anunciar a resolución do PERTE Mar - Industria, que asigna 18 dos 40 millóns a empresas do sector en Galicia. "Vigo, capital pesquera da Unión Europea", afirmou Planas ao momento que puxo de manifesto "o logro en abril do ano 2024 de que a Comisión dera luz verde ao PERTE Mar - Industria tras a negociación do Goberno de España, o que supón mellorar na competitivide e sostibilidade do sector pesqueiro". O alcalde celebrou o apoio do Goberno de España ás empresas e á industria de Vigo.

Vigo consolida a planta de chips fotónicos coa formalización do acordo entre investidores

luns, 7 xul 2025

SPARC Foundry e os seus principais investidores- Indra Group, a SETT e Vigo Activo da Zona Franca- formalizaron este luns ante notario o acordo de investimento para a súa futura planta de chips fotónicos en Vigo. O acto tivo lugar nas instalacións do Consorcio Zona Franca de Vigo e contou coa presenza de Abel Caballero, alcalde de Vigo; David Regades, delegado de Zona Franca de Vigo; Javier Ponce, director xeral da Sociedade Española para a Transformación Tecnolóxica (SETT); Héctor Álvarez, director de Estratexia de Indra Group; e Francisco Díaz, CEO de SPARC.

Zona Franca e INDRA asinan o acordo para establecer en Vigo o Centro de Excelencia Aeroespacial e Defensa

martes, 1 xul 2025

Instalarase no edificio do CZF en López Mora con máis de 200 profesionais de alta cualificación que traballarán en solucións estratéxicas. A actividade do centro enfocarase no desenvolvemento de sistemas de defensa electrónica, vixilancia electrónica, mando e control e sistemas antidrón. "O obxectivo é a autonomía estratéxica. A defensa do século XXI necesita máis tecnoloxía e centros como o que hoxe presentamos", declarou o alcalde.

O Concello acolle a reunión de traballo do Tribunal de Contas e dos consellos de contas autonómicos

xoves, 22 mai 2025

O alcalde saudou este venres aos membros do Tribunal de Contas e dos consellos de contas das comunidades autónomas que durante dous días celebran un encontro no consistorio. “Apreciamos o seu traballo; controlan as contas dos 8.132 municipios de España, e tiven a oportunidade de trasladarlles o financiamento claro e transparente do Concello”, que desde o ano 2011 ten débeda cero. Participan Navarra, Cataluña, Valencia, País Vasco, Andalucía, Canarias, Madrid, Illas Baleares, Castela-León, Asturias, Aragón e Castela A Mancha e Galicia.