O alcalde felicita aos medallistas vigueses do Mundial de Vaurien celebrado en Eslovaquia

venres, 23 ago 2024

Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Nicolás González e Martín Pérez, que veñen de conseguir a medalla de ouro na categoría júnior no Mundial de Vaurient celebrado en Eslovaquia, e con Isabel Cabello, gañadora da medalla de bronce na categoría de adultos, na que competiu co seu pai, Pablo Cabello. O rexedor felicitounos polo gran éxito conseguido no campionato desde o Real Club Náutico de Vigo e avanzoulles o seu apoio para que o mundial poida celebrarse en Vigo no ano 2028.

O alcalde recibe á Escola Deportiva Vigo 2015 de Fútbol Sala

xoves, 1 ago 2024

Caballero mantivo unha xuntanza coa directiva da Escola Deportiva Vigo 2015 de Fútbol Sala. O equipo presentou ao alcalde como proxectan a nova temporada, na que esperan acadar éxitos. O equipo xuvenil milita na máxima categoría nacional, sendo o único equipo vigués nesta clasificación.

O Auditorio de Castrelos celebrou a vitoria da Selección Española na Eurocopa

luns, 15 xul 2024

Milleiros de persoas acudiron ao convite no Auditorio de Castrelos para ver o partido da final da Eurocopa entre a Selección Española de Fútbol e Inglaterra, no que “La Roja” saíu vitoriosa 2-1 fronte ao equipo inglés. Os asistentes gozaron da retransmisión do partido nunha pantalla xigante. “Castrelos petado”, afirmou o rexedor, que louvou e felicitou á Selección por converterse no equipo nacional que máis veces gañou este campionato, xa que saíu vencedora en 1964, 2008, 2012 e 2024.

Caballero destaca o premio á deportividade obtido por 60 deportistas vigueses nos XV Xogos do Eixo Atlántico

mércores, 10 xul 2024

Abel Caballero entregou este mércores medallas personalizadas ás 60 mozas e mozos das escolas deportivas de vólei, baloncesto e balonmán que recibiron un trofeo por xogo limpo, boa convivencia e deportividade, na décimo quinta edición dos Xogos do Eixo Atlántico, celebrado na localidade portuguesa de Braga entre o 30 de xuño e o día 5 de xullo. Tras trasladar á mocidade presente no acto o seu “orgullo” polo galardón que obtiveron, o alcalde remarcou a aposta do Concello de Vigo polo deporte, asegurando que conta cunha importancia máxima para o goberno municipal.