luns, 15 xul 2024
O Concello gardou este luns un minuto de silencio polas 5 mulleres que esta fin de semana foron asasinadas, vítimas da violencia machista. Abel Caballero explicou que a cidade se sumou ás concentracións organizadas por concellos de toda España para "mostrar o noso respecto polas vítimas e a solidariedade coas súas familias".
luns, 25 mar 2024
O grupo socialista reprobou as declaracións da conselleira de Medioambiente, Ánxeles Vázquez, “que denostaba a candidatura das Illas Cíes como Xeoparque da UNESCO”. Os socialistas tamén aprobaron a moción na que instan ao Partido Popular a respectar a importancia da cidade de Vigo.
venres, 20 out 2023
A Xunta de Goberno adxudicou na súa reunión desta mañá as obras de conservación e mellora da cuberta do Pavillón de Coia. Estarán listas dentro de dous meses.
luns, 2 out 2023
A Corporación municipal de Vigo concentrouse este luns na Praza do Rei para expresar o seu apoio ás vítimas do incendio dunha discoteca de Murcia. O alcalde, Abel Caballero, expresou a solidariedade de Vigo coa conmocionada sociedade murciana.
mércores, 16 feb 2022
A Corporación gardou un minuto de silencio en memoria dos falecidos e desaparecidos tras o naufraxio do Vila de Pitanxo. Os edís dos distintos grupos políticos permaneceron fronte ao Concello na Praza do Rei, convocados polo goberno local, para amosar as súas condolencias ás familias afectadas e ao sector do mar polo tráxico suceso nas augas de Terranova, en Canadá. As bandeiras ondearán a medio mastro durante os tres días de loito oficial.
mércores, 30 xuñ 2021
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, lamentou que por mor da “mala planificación” do goberno de Corina Porro o goberno local teña que facer cargo ao remanente de 8,3 millóns de euros. O voceiro do PP sinala ao alcalde como problema. O Grupo Mixto e o concelleiro non adscrito chaman á xestión pública dos aparcadoiros.
luns, 14 xuñ 2021
Os membros da corporación e cidadáns acudiron á concentración silenciosa fronte ao concello amosando unidade para acabar con este mal.
martes, 14 xul 2020
O maxistrado do Tribunal Constitucional será o encargado de ler o pregón no acto que se celebrará nos xardíns do Pazo de Castrelos o vindeiro xoves, 23 de xullo. Ademais, o alcalde convocou un Pleno extraordinaria no que Isaura Abelairas presentará a súa renuncia ao cargo de concelleira tras ser elixida deputada no Parlamento de Galicia.
luns, 24 xuñ 2019
O presidente da FEMP e a ministra de Defensa en funcións subscribiron esta mañá o convenio para a incorporación da profesionais de tropa mariñeiría aos Corpos da Policía Local e tamén como funcionarios ou laborais da administración local. Caballero defendeu a iniciativa como un paso máis no camiño para conseguir cidades máis seguras, sostibles e saudables.
martes, 2 abr 2019
O Boletín Oficial do Estado publica na súa edición deste martes o Real Decreto que regula a convocatoria dos comicios locais, cunha campaña electoral de 15 días que comeza o 10 de maio. Tamén este martes, o Pleno sorteou as mesas electorais para as eleccións xerais do 28 de abril.