venres, 10 out 2008
O alcalde explicou que dúas empresas presentaron as propostas de retirada dos deterxentes restantes na nave, operación que costará uns 300.000 euros e durará dous ou tres meses, e sobre a que se tomará unha decisión o próximo luns. Ambas empresas se mostraron de acordo na necesidade de demoler todo o forxado da primeira planta para asegurar a zona antes da retirada dos produtos.
venres, 10 out 2008
Abel Caballero se entrevistou este venres con Roberto Eduardo Gudiño, o novo Cónsul da República Arxentina para Galicia, Asturias e Castilla León, con sede en Vigo. Gudiño plantexou as campañas de divulgación comercial de empresas arxentinas que levarán a cabo en Vigo, e invitou ao alcalde a viaxar a Arxentina o próximo mes de novembro.
mércores, 8 out 2008
O alcalde confirmou hoxe mércores, tal e como adiantara o pasado luns, que o arquitecto encargado de deseñar a nova estación intermodal de Urzáiz será o americano Thom Mayne, galardoado en 2005 co máximo recoñecemento da arquitectura, o Premio Pritzker. Abel Caballero avanzou que, "en mes e medio", Mayne visitará Vigo cun proxecto previo elaborado.
mércores, 8 out 2008
Abel Caballero viaxa mañá xoves á cidade italiana para participar ata o próximo venres na Conferencia Internacional "Cidades Competitivas e Cambio Climático", un foro organizado pola Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económico (OECD), que debatirá sobre a sustentabilidade local sen perder competitividade nin calidade de vida. <br />
martes, 7 out 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, recibiron este martes de mans do equipo de arquitectos que dirixe César Portela o proxecto executivo do futuro Auditorio que se está a construir no solar de Casa Mar. Con esta entrega rematan os trámites administrativos e comezará a cimentación da instalación.
luns, 6 out 2008
O alcalde non desvelou o nome do arquitecto que deseñará a futura estación intermodal de Urzáiz e adiantou que será o mércores cando se faga pública a identidade do prestixioso Premio Pritzker, galardón coñecido como o Nobel da arquitectura. Abel Caballero avanzou asemade que a próxima semana se presentará o proxecto de entrada en túnel da Alta Velocidade á cidade. <br />
mércores, 1 out 2008
O alcalde de Vigo e presidente da Comisión Organizadora da World Fishing Exhibition-Vigo’09, Abel Caballero, encabeza a delegación do Comité Executivo que participará na vindeira edición de Icelandic Fisheries Exhibition que se celebra en Reykjavik do 2 o 4 de octubre.
martes, 30 set 2008
O alcalde vigués, Abel Caballero, informou hoxe martes na Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) das medidas de austeridade que está a adoptar o Concello de Vigo para afrontar a situación económica, e a Federación aprobou unha declaración na que solicitan a conxelación das retribucións dos cargos electos, tal e como se ten acordado en Vigo.
xoves, 25 set 2008
Abel Caballero participou nas Xornadas de Formación Continua organizadas pola Federación Andaluza de Municipios e Provincias en calidade de alcalde e Presidente da Rede Española de Cidades polo Clima. O rexedor participou na inauguración e moderou o debate, que se centrou na súa maior parte na necesidade de enfocar os plans urbanísticos municipais na sustentabilidade.
martes, 23 set 2008
Na edición de 2008 celebrada en Liverpool este mes de setembro, Alberto Costas acadou dúas medallas de ouro, en 4x400 Relay e 400 individual; outras dúas de prata, nas distancias de 800 e 5.000 metros; e tres metais máis de bronce, en 200 e en 1.500 metros e en 5 quilómetros Road. Abel Caballero felicitou ao bombeiro polos seus resultados e o animou a continuar coa súa paixón.