xoves, 18 dec 2025
Abel Caballero anunciou que, ante a previsión de choiva intensa para esta tarde, as 200 persoas maiores que este xoves ían percorrer en taxi de forma gratuíta, as rúas de Vigo para contemplar a iluminación de Nadal farano nos próximos días. "Os taxistas decidiron pospoñer as visitas uns días", indicou ao remarcar que "queremos que as persoas maiores das residencias poidan gozar do Nadal meténdose na árbore da Porta do Sol e ver todo porque é a ilusión".
xoves, 18 dec 2025
A Xunta de Goberno aprobará mañá o programa das axudas de emerxencia e do bonotaxi de 2026 por un importe de 1.350.000 euros, segundo anunciou este venres o alcalde.
xoves, 18 dec 2025
Concello, Zona Franca e Xunta de Galicia acordaron realizar unha valoración das instalacións mediante unha empresa taxadora acreditada e homologada. Esta tarefa será asumida polo propio IFEVI, baixo a coordinación do seu xerente, Arsenio Prieto, que se encargará de seleccionar a empresa responsable da taxación.
mércores, 17 dec 2025
O alumnado do CPR Atlántica recibiu este mércores ao alcalde vestidos cun pixama de Nadal. Os escolares ensinaron a Abel Caballero os traballos manuais sobre o Nadal de Vigo cos que decoraron as instalacións do centro educativo. O rexedor animounos a estudar e a gozar destas festas. O centro concertado foi Vigués Distinguido no ano 2019.
mércores, 17 dec 2025
Abel Caballero destacou este mércores, na asemblea organizada para conmemorar o 50 aniversario das eleccións sindicais de 1975 da Unión Comarcal de Comisión Obreiras, a “extraordinaria” traxectoria sociopolítica e laboral do sindicato.
mércores, 17 dec 2025
O alcade presentou hoxe, xunto á presidenta e o vicepresidente da Central Radio Taxi, Nuria Fernández e Santiago Oitavén, e a taxista Blanca Vila, a nova edición da iniciativa solidaria para facilitar ás persoas maiores o percorrido polo Nadal da cidade.
mércores, 17 dec 2025
A tradicional cita do Nadal de Vigo cambia a data de celebración pola previsión de choiva para este sábado día 20. Nesta décimo quinta edición haberá dúas modalidades: papanoelada estática en Navia e a clásica, que discorre pola cidade.
martes, 16 dec 2025
O alcalde e a concelleira de Política Social visitaron este martes o mercado de Nadal e o Belén do HC San Rafael. Acompañado pola directiva e persoas usuarias do centro, o rexedor felicitou aos autores e autoras da creación belenística de grandes dimensións. Acto seguido, Abel Caballero e Yolanda Aguiar contemplaron os expositores coas manualidades do Nadal e percorreron as instalacións do novo Centro de Día.
martes, 16 dec 2025
O Concello manterá na Praza de Compostela, desde este martes ata o día 6 de xaneiro, un punto lila de información e prevención do acoso sexual e a violencia machista. Estará atendido por catro profesionais especializadas, segundo avanzou o alcalde.
luns, 15 dec 2025
A Orquestra Vigo 430 despregará en 2026 seis concertos de música sinfónica protagonizados por intérpretes galegos e internacionais, segundo destacou este luns o alcalde ao presentar, co concelleiro de Cultura e a xerente da formación, o programa que se desenvolverá ao longo do primeiro semestre do próximo ano.