martes, 14 xul 2026
O alcalde convidou á cidadanía a asistir ao auditorio ao aire libre para seguir o partido da selección española fronte a Francia, que se disputará ás 21:00 horas. A apertura da zona de platea con cadeiras realizarase ás 20:00 horas e é totalmente gratuíto o acceso. "Todos a Castrelos a animar á Selección Española e a Selección a gañar, a gañar e a gañar", animou Abel Caballero.
luns, 13 xul 2026
Abel Caballero recibiu en Alcaldía a Adrián Díaz González, recentemente nomeado árbitro asistente internacional FIFA, acompañado por Cristian Vázquez, delegado da Delegación de Árbitros de Vigo, ademáis doutros cargos do Comité Técnico. O rexedor felicitouno por este fito para o deporte vigués e galego, ao converterse no cuarto árbitro asistente internacional da historia de Galicia e formar parte do reducido grupo de dez colexiados desta categoría en España. Díaz, que deu o salto á Primeira División en 2024, conta xa con experiencia en encontros da máxima esixencia, como o derbi entre o Atlético de Madrid e o Real Madrid disputado en setembro dese ano.
venres, 10 xul 2026
O alcalde recibiu este venres a Vesna Andree Zaimovic, embaixadora de Bosnia e Herzegovina, no marco da súa visita oficial a Vigo. No encontro abordaron asuntos de actualidade e de interese común para a cidade e o país balcánico, no que Zaimovic desenvolveu o seu labor profesional ao longo de máis de 30 anos ata que en 2003 asumiu este cargo. O rexedor convidouna a coñecer todas as posibilidades que ofrece Vigo, en tódalas súas vertentes, no ámbito social, económico, cultural e industrial.
venres, 10 xul 2026
A Corporación Municipal gardou este mediodía un minuto de silencio polas vítimas do sinistro rexistrado esta madrugada na localidade almeriense de Los Gallardos. Abel Caballero trasladou a solidariedade e o respecto da cidadanía viguesa coas familias das persoas afectadas como consecuencia deste lume, que provocou un dos maiores números de mortos por un incendio forestal na historia de España.
venres, 10 xul 2026
O alcalde asistiu este venres no campo de Pahiño á clausura do XII Campus Alerta Navia de fútbol. Organizado polo Club Polideportivo Alertanavia, co lema "Vén xogar con nós" , trátase dunha iniciativa integrada no programa Educa da Concellaría de Deportes. Neste edición participaron 150 nenos e nenas e 12 monitores.
venres, 10 xul 2026
A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación que ascende a 610.000 euros. “Xa estamos cos contratos e co deseño do novo Nadal, que é o que fai que Vigo estea no mundo e que nos proporciona turismo , marca de cidade, nome e admiración en toda Europa”, apuntou o rexedor.
venres, 10 xul 2026
O Consorcio da Zona Franca de Vigo definiu a súa estratexia para acelerar a rexeneración do ámbito de Guixar–Santa Tegra, no barrio de Teis, cunha superficie total de 62.252 m², que destinará a unha ambiciosa operación urbana de creación de vivenda protexida en Vigo.
xoves, 9 xul 2026
O alcalde trasladou este xoves o seu recoñecemento á ministra de Sanidade por aceptar a súa petición para volver incluír a Vigo na listaxe de cidades que serán sede da proba de acceso á formación sanitaria especializada.
xoves, 9 xul 2026
O alcalde reafirmou este martes a decisión do Concello de manter a situación de prealerta por seca ante o descenso das reservas do encoro de Eiras, que se sitúan oito puntos porcentuais por debaixo das rexistradas na mesma data do ano pasado. Caballero lamenta que a Xunta rexeite a construción dun novo encoro augas arriba para almacenar máis agua na temporada de choivas: “É a súa competencia”.
mércores, 8 xul 2026
O alcalde participou esta mañá, xunto ao delegado especial do Goberno no Consocio da Zona Franca, David Regades, na presentación do XXXII Capítulo da Confraría da Orde da Cigala, que se celebra en Vigo do 10 ao 12 de xullo. O sábado 11 de xullo terá lugar o nomeamento dos novos cofrades e o desfile de confrarías desde a sede de Zona Franca ao Círculo de Empresarios de Galicia. O domingo 12 de xullo, está programado un roteiro pola ría de Vigo.