Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 22 de marzo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Tom Jones, primeiro gran concerto de verán en Castrelos

A actuación do artista británico terá lugar no Auditorio de Castrelos o 23 de xullo, tal e como anunciou este venres Abel Caballero. O alcalde definiu a Tom Jones como unha "lenda da música con maiúsculas" e recordou que unha ducia de artistas pisarán este verán o emblemático auditorio ao aire libre.




As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que oscilará entre os cinco e os dez euros, segundo avanzou Caballero en rolda de prensa. Tom Jones actuará novamente en Vigo logo de ter visitado a cidade en 1975.

O artista de Gales é unha "lenda da música con maiúsculas", con máis de cen millóns de discos vendidos en todo o mundo ao longo da súa traxectoria. Jones é o primeiro "gran concerto" anunciado para este verán en Castrelos, o primeiro dos doce artistas que visitarán o auditorio vigués no programa estival do Concello.

Tom Jones sitúase entre os grandes intérpretes da historia da música, destacando pola calidade das súas composicións, a potencia da súa voz e a capacidade para reinventarse. Entre a súa obra destacan himnos xeracionais como "Delilah" ou "It’s not unusual", e versións feitas propias polo artista, como o "Kiss" de Prince, ademais de temas gospel e soul que leva con mestría ao seu terreo.

O británico chegará a Vigo o 23 de xullo como parte dunha xira que levará a Tom Jones polos principais escenarios do mundo.
Mais noticias
O Pleno aproba por unanimidade os Vigueses Distinguidos 2019
O goberno local pon en funcionamento novos puntos limpos móbiles en Navia e As Travesas
Vigo acolle o primeiro encontro nacional de afectados pola meninxite
Vigo bateu récords de pernoctacións en febreiro cun aumento dun 27% respecto a 2018
O Concello adxudica a remodelación do parque de Maruja Mallo que rematará en dous meses
O Concello destina 480.000 euros ao V Programa de medianeiras da cidade
Caballero aplaude a Érguete pola súa carreira do día 31, que dá "máis visibilidade á asociación"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003