Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 20 de xaneiro de 2014

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local arranca o proceso inversor de 10 millóns de euros para 2014

O alcalde avanzou un plan de investimentos para os próximos meses cun importe total de 10 millóns de euros que, na súa opinión, serán "gran xeradoras de emprego". Este montante é resultado da suma dos 5,9 millóns do superávit de 2012 e os investimentos de Aqualia para 2014, que superan os 4 millóns de euros. Engadiu que a estes investimentos haberá que engadir os previstos no documento de orzamentos do exercicio 2014.




Abel Caballero explicou que o plan de investiementos do superávit de 2012 cun importe de 5,9 millóns de euros foi hoxe á comisión informativa, paso previo ao seu debate plenario o próximo xoves, 23 de xaneiro. Tal e como dixo, é o resultado "dunha boa xestión" que requeriu dunha autorización especial do goberno Central, supeditada, a súa vez, a unha serie de requisitos que o Concello cumple. O primeiro é ter un nivel de débeda por debaixo do de España -Vigo é o concello en réxime común menos endebedado; control no teito de gasto, e que o período de pago non execeda en 30 días o legalmente establecido -Vigo paga en 27, puntualizou. Ademais deste programa inversor, durante a rolda de prensa, Caballero tamén deu conta dos investimentos de Aqualia para 2014, que superan os 4 millóns de euros. Estas cifras, totalizou o rexedor, supoñen na cidade 10 millóns de investimentos "profundamente xeradoras de emprego".

Durante unha comparecencia cos medios de comunicación, o rexedor detallou o listado de actuacións previsto, comezando por 1 millón de euros para substituir a cuberta da grada de Río e actuacións de consolidación estructural en Balaídos. Seguindo co mundo do deporte, haberá 420.000 euros para renovar o césped dos campos de fútbol de Travesas e Samil, e 147.000 euros para a construcción dun novo campo fútbol 11 en Teis. Ademáis, reformaránse con 220.000 euros as pistas polideportivas de Matamá, Torreiro, Coia, Valladares e Coutadas, ademais de facer unha nova en Navia.

Por outra banda, o Concello destiñará 1,4 millóns de euros ás parroquias de Lavadores, Calvario, Coruxo, Candeán, Beade, Bembribe, Alcabre, Cabral, Comesaña, Matamá, Oia, Navia, Saiáns, San Roque, Zamáns, Valladares e Castrelos; ademais de 350.000 euros a barrios históricos -Casco Vello e Bouzas. Tamén se realizarán obras de humanización en Doctor Canoa -a onde destinarán 230.000 euros-, na rúa Toledo -190.000--, en Baixada a Ríos e Doctor Corbal -115.000 euros-, rúa Coutadas -335.000 euros-, en Alonso Ojeda -240.000 euros--, en Parque Martínez Garrido -290.000 euros- e en Méndez Pelayo -150.000 euros.

No tocante a infraestruturas educativas, o Consistorio investirá 300.000 euros na mellora da accesibilidade dos centros Islas Cíes, Doblada, Párroco Don Camilo, Lope de Vega, Frián, Sobreira, Valladares, Beade-Coutada, Eduardo Pondal, entre outros. Finalmente, Caballero informou de que destiñarán 265.000 euros á creación dunha ducia parque infantís, 390.000 a un gran parque infantil en Castrelos, e 150.000 euros a parques biosaludables, que se ubicarán en Alcabre, Cabral, Navia, Balaídos, Teis, Castrelos, Travesía, Torrecedeira, Coya, Lavadores y Camelias.

Aqualia
O rexedor tamén deu conta en rolda de prensa da "atacada" de investimentos de Aqualia para 2014, cun orzamento de 4.167.000 euros. Avanzou que se humanizará o contorno de Churruca, concretamente, as rúas Iglesias Esponda, Martín Códax, Irmandiños e Calexón Rogelio Abalde, cun importe de 763.000 euros. Tamén se mellorarán as seguintes rúas: Moaña, con 548.057 euros; Mestre Chané, con 309.987 euros; Pontevedra (entre Arenal y Rosalía de Castro), 400.784 euros; Serafín Avendaño (entre Areal y Rosalía), 497.784 euros; Ronda de don Bosco (de Eduardo Iglesais a Velázquez Moreno), 520.987 euros; renovaránse saneamento e abastecemento no casco urbano, 692.000 euros; tamén o abastecemento na rúa Cantabria (entre a avenida do Aeroporto e Ramón Nieto), con 300.000 euros; e, por último, o saneamento de Casal de Abaixo, con 144.000 euros.
Mais noticias
O Ministerio de Facenda constata que os servizos públicos de Vigo son un 53% máis baratos que en A Coruña
O Concello de Vigo organiza unha Liga de Natación Escolar en estilos libre e costas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003