Concello de Vigo Vigo org mércores, 16 de maio de 2012
Xornalxornal.vigo.org
  

Xornal de onte
Noticias da semana

Suscribirse
Noticias en castellano
Noticias
Temas
Dosieres
Discursos
Previsions
Vigo na prensa
Info Grafica

RSS feed Noticias:



O Concello mellorará os accesos a Navia pola Avenida de Europa e Coia

Mellorar os accesos ou reforestar o parque de Navia son algúns dos compromisos que o rexedor asumiu con responsables de asociacións de veciños e comerciantes do barrio ao longo dun encontro que mantiveron esta mañá de mércores na Alcaldía.




Caballero avanza que a cidade rende tributo a Paz Andrade "desde a óptica do seu galeguismo a través de Vigo"

Vigo acolle mañá os actos centrais do día das Letras Galegas cun acto homenaxe no que se descubrirá unha placa na rúa Policarpo Sanz, onde Valentín Paz Andrade tivo o seu despacho. Esta iniciativa compleméntase con variadas actividades desenvolvidas desde o Concello conmomorando esta festividade, entre as que destacou a entrega de 300 biografías do homenaxeado nos centros de ensino da cidade, unha aportación que hoxe mesmo protagonizou o alcalde no Ceip Josefa Alonso.





O alcalde destaca que Vigo organiza o primeiro festival de cine galego en Galicia

Abel Caballero presentou hoxe mércores o festival Primavera do Cine en Vigo, "un gran evento cutural para a cidade" que se celebrará entre o 30 de maio e o 2 de xuño. Trátase, segundo a coordinadora, Ana Laura Pereira, do primeiro certame de cine galego en Galicia.




Valentín Paz-Andrade
Vigo centra os actos institucionais do Día das Letras Galegas

O 17 de maio celebrase en Galicia o Día das Letras Galegas, dedicado a exaltar e divulgar a lingua e a literatura escrita no idioma galego. O ano 2012 está dedicado a Valentín Paz Andrade (Pontevedra 1898-Vigo 1987): xurista, político galeguista, empresario e tamén ensaísta e poeta. A Real Academia Galega dedica este día a este autor polo seu forte "compromiso co país", en diversas facetas, tanto do ámbito político, empresarial como literario.

O Concello pon en marcha a XV edición da Día do Patín

Como cada ano, esta festa da patinaxe artística reunirá mañá xoves a unha das escolas deportivas municipais máis numerosa e a clubs, entidades deportivas e centros de ensino que imparten esta modalidade. É a actividade máis importante que o Instituto Municipal dos Deportes organiza de forma directa no que vai de ano e disporá de 40 monitores para o control da proba.

Xunta de Goberno Local



Noticias anteriores:
Caballero ve con "satisfacción" a presenza de Volotea en Peinador, que unirá Vigo con Sevilla e Ibiza
O Concello cede 264.000 metros cadrados de terreo para a ampliación da Cidade Universitaria
Dúas novas sentenzas avalan a actuación do Concello ante os recursos da Autoridade Portuaria
Estrea do espectáculo de máscaras " O rapto da bibliotecaria"
Vigo celebra con actividades lúdicas o Día Internacional dos Museos
Concertos das bandas de música e corais
© Gabinete de Prensa do Concello de Vigo
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel: 986810228
Fax: 986810192 Contacto | Subscricións